A guerra polo fútbol en televisión está a vivir os seus últimos momentos, ante o inminente comezo da Liga, e ao igual que Orange lanzou unha promoción a través da que ofrecía aos seus clientes os contidos futbolísticos por 9,95 euros/mes e Vodafone facía o propio por 6 euros/mes, dende Movistar quixeron reaccionar, e en vez de ter unha tímida oferta a 25 euros/mes a través de Movistar+ anuncian que a partires de mañá e ata o vindeiro 30 de setembro os clientes de Fusión e os que contraten Movistar FUSIÓN+ (tanto con fibra como ADSL) poderán contratar o paquete PREMIUM EXTRA de FUSIÓN+ (que inclúe deportes, Liga BBVA, Liga Adelante en exclusiva, Copa do Rei, ligas internacionais, cine, series de estrea e o paquete básico de canles) a un prezo promocional de 9,90 euros/mes ata 2016, sendo o prezo deste paquete sen promoción de 65 euros/mes.
Deste xeito, os clientes que contraten estes días a promoción poderían conseguir un aforro de 220 euros, podendo elixir o rematar a promoción se deciden seguir co paquete PREMIUM EXTRA, se mudan o paquete contratado ou incluso se dan de baixa o servizo (que só inclúe permanencia de 3 meses en caso de novas altas de fibra).
Para os clientes actuais de FUSIÓN a compañía recomenda solicitar a alta na promoción a través da aplicación móbil Mi Movistar.
Movistar oferta un paquete con cine, series, deportes e fútbol por 9,90 euros/mes no que resta de ano
Compartir Este Artigo
