Estes días fixéronse públicos os datos do informe Como comunican as empresas do Ibex 25 en redes sociais, unha investigación que, como o seu propio título indica, diríxese a avaliar o comportamento nas comunidades e servizos 2.0 das empresas que cotizan no devandito índice bursátil español, que son as 35 firmas estatais con meirande liquidez que concorren no Sistema de Interconexión Bursátil Electrónico. Segundo se fai saber no informe, o 45% das ditas compañías xa ten presenza en Pinterest, Instagram e Slideshare.
Ademais, a concorrencia activa das firmas do IBEX 35 medrou en todas as redes sociais agás en Google+ e Youtube, onde se mantén. Unha das conclusións do informe, feito pola consultora Medialuna, é que todas as grandes empresas estatais comunican máis neste tipo de canles que nos últimos dous anos.
A investigación sinala que Twitter continúa sendo o servizo máis empregado polas compañías, seguido de Facebook. Nesta rede hai 30 empresas achegando información de xeito activo, unha cifra que choca contra as 27 que o facía en 2014 e as 25 de 2013. O estudo tamén certifica un medre no fornecemento de fotos, infografías e vídeos nas comunidades 2.0 máis específicas para este tipo de material (as devanditas Instagram, Pinterest e Slideshare). Por sectores, os máis activos en materia de comunicación social son os sectores da banca, os seguros, a moda e os transportes. O que menos presenza e actividade amosa nos servizos 2.0 é o sector da saúde.
Sobe a actividade das empresas do Ibex 35 nas redes sociais
Compartir Este Artigo

