A proximidade do inicio das competicións futbolísticas que beIN Sports ten en exclusiva fai que esta sexa a semana definitiva na guerra polo fútbol televisado, de xeito que antes de mañá ás 20:15 horas deberían perfilarse todas as ofertas de operadores de televisión para esta nova canle que colle o relevo de Gol Televisión, entre as que poderían chegar a estar Euskaltel e R (sendo a grande incógnita se Movistar chegará finalmente a un acordo con Mediapro, pois é a plataforma con maior número de usuarios de España, polo que non ofrecer a canle reduciría de xeito importante o público potencial de beIN Sports).
Mentres as incógnitas non se despexan, algúns dos operadores que incorporan beIN Sports están a estrear promocións para dar conta da súa nova oferta, destacando especialmente Orange, compañía que achegará de balde a Champions e a Europa League (ou sexa, beIN Sports) aos usuarios que se dean de alta nos seus contidos futbolísticos durante a presente semana (aínda que hai usuarios actuais que aseguran que contactando coa compañía conseguen que tamén se lles aplique a promoción). Fóra desta promoción a operadora ofrece Orange TV Fútbol (coa Liga BBVA e o Partidazo) por 9,95 euros/mes, aos que haberá que engadir 5 euros/mes de querer gozar tamén de beIN Sports. Teriamos así que estariamos ante unha promoción que aforraría ao usuario final un total de 45 euros (xa que os encontros deportivos rematarían en maio) o que parece unha cantidade moi asumible para o operador que ten así un interesante reclamo para moitos usuarios.
Orange ofrece de balde beIN Sports aos que contraten o fútbol esta semana
Compartir Este Artigo
