beIN SPORTS ofrecerá en exclusiva a UEFA Champions League e a Europa League en España
mércores, 9 de setembro do 2015

- beIN SPORTS presentouse en sociedade esta mañá
Tras a desaparición da canle Gol Televisión da grella da
TDT, o proxecto televisivo reformúlase e regresa agora na forma de beIN SPORTS, unha nova canle de deportes
centrada no fútbol e co reclamo de contar en exclusiva coa UEFA Champions
League e a Europa League. Esta nova plataforma ofrecerá contidos as 24 horas en
alta definición con opcións multi-fiestra (en cada xornada de Champions e
Premier habilitarán
7 canles) e multi-dispositivo, e está dispoñible a través dos operadores de
televisión Vodafone, Orange e Telecable e tamén a través da Internet (tanto de
xeito independente como integrado en Total Channel).
Esta mañá presentouse en sociedade esta nova canle televisiva, apuntándose que nas vindeiras
semanas poderÃa incorporarse a novas plataformas televisivas como a de
Euskaltel (e posiblemente R), mentres que de Movistar
aÃnda non saben nada pese a que ofrecéronlles
as mesmas condicións que ao resto de operadores.
O martes 15 ás 20:15 horas iniciarán as retransmisións de partidos da
Champions, polo que é de agardar que no que resta de semana se anuncien as
plataformas que faltan por incorporar esta nova canle á súa oferta audiovisual.

VÃdeo promocional de beIN SPORTS
