Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xuventude Galicia Net remata con reducida asistencia e marxinando á nosa lingua
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Xuventude Galicia Net remata con reducida asistencia e marxinando á nosa lingua

Redacción
Publicado: 21/09/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xgn15_12009774_864493146992183_6332324974557687435_n.jpgA pasada fin de semana celebrouse na Feira Internacional de Galicia ABANCA en Silleda unha atípica edición do encontro Xuventude Galicia Net, que non respectou a localización física nin no calendario do evento, o que tivo unha clara repercusión no seu poder de convocatoria, pois aínda que cando se abriu a súa inscrición esperaban xuntar a 1.200 persoas, tiveron que conformarse con algo máis de 700 inscritos. O feito de que en 2014 non se celebrase a LAN Party e que a promoción do evento fose moi tímida tampouco axudaron a que os asistentes habituais a este tipo de encontro soubesen do mesmo, aínda que o elixir unha localización fóra dunha cidade ten tamén un grande impacto á hora de animar ao público a participar nunha celebración que dura varios días.
xgn15_10455568_864493463658818_851399762656038510_n.jpgDurante a celebración de Xuventude Galicia Net organizáronse distintas actividades, entre as que destacaban catorce torneos de distintos videoxogos, pero pese a estarmos ante unhas xornadas nas que a Internet é o eixe central, a súa presenza en liña foi mínima e polémica, pois se ben o encontro apenas contou con presenza nas redes sociais por parte dos seus participantes, cando miramos as comunicacións da organización atopamos unha práctica que están a denunciar dende ProLingua: ausencia total da uso do galego.
xuventude_galicia_net_web.jpgA páxina web de Xuventude Galicia Net está integramente en español, así como todas as comunicacións que fixeron a través de Facebook e Twitter, algo que non aconteceu en anos anteriores, onde o galego era o vehículo de comunicación empregado, como é lóxico para un evento que ten un nome en galego e que goza do financiamento da Consellería de Traballo e Benestar (así como doutras institucións como a Deputación de Pontevedra e o Concello de Silleda). Dado que estamos ante un evento celebrado en Galicia, con público principalmente galego e financiando principalmente por fondos públicos resulta inxustificable que se marxine o uso da nosa lingua na súa comunicación.
Aínda que dende a Fundación Semana Verde de Galicia amosáronse satisfeitos coa “boa resposta” dos participantes e consideran positivo o cambio de localización do evento, non parece ser este o parecer dos asistentes que se manifestaron a tal efecto, que criticaban a falta de participantes e de ambiente, con comentarios como “nada que ver con anos anteriores. Terá o nome, pero non o espírito”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?