Silleda celebrará unha LAN Party en setembro
luns, 1 de xuño do 2015
- A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o vicepresidente da Xunta e presidente do padroado da Fundación Semana Verde de Galicia, Alfonso Rueda, na sinatura do convenio
Durante a segunda quincena de setembro na sede da Fundación
Semana Verde en Silleda desenvolverase un encontro informático dirixido a
xuntar a máis dun milleiro de mozos para participar en actividades lúdicas e
formativas nas que as TecnoloxÃas da Información e a Comunicación e a
informática serán protagonistas, e que contará co respaldo económico da Xunta
de Galicia segundo vén de constatarse nun convenio
de colaboración a través do se achegarán 25.000 euros para a organización do
evento.
Dende a ConsellerÃa de Traballo e Benestar queren asà achegar á mocidade unha
oportunidade para intercambiar coñecementos e experiencias da sociedade da
información e no manexo das TIC, dada a importancia que o seu uso e coñecemento
teñen no contorno económico e social actual.