
Tamén intervirá Fernando Asperilla, xefe do Servizo de Planificación, Prevención e Información da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que explicará os logros do Sistema de Información de Residuos de Galicia (SIRGA), amosando tamén as particularidades da nova Plataforma Galega de Información Ambiental (GAIA), portelo único para permitir ás compañías atender e cumprir coas súas obrigas co medio ambiente.
A xornada vén da man da CEL e de SOGAMA e forma parte dun programa divulgativo común e virtude do cal ambas as entidades organizan actividades formativas en materia de medio ambiente e desenvolvemento sustentable dirixidas tanto a empresarios e emprendedores, como a traballadores e desempregados. O obxectivo do encontro do día 1 é o de analizar o papel facilitador das TIC para resolver problemas na área ambiental, o seu impacto na contorna ambiental, a súa función no ámbito da economía circular e a súa contribución ao uso máis eficiente dos recursos e enerxía.
As TIC e as súas vantaxes na xestión de refugallos, eixe dunha xornada da CEL
Compartir Este Artigo

