Xa hai nova tenda Vodafone na Coruña e estes días celébrase a súa apertura. O establecemento, que vén da man do Grupo Topdigital, emprázase no Centro Comercial Catro Camiños. Con este novo punto de venda, o dito grupo suma máis de 200 locais repartido por todo o territorio estatal. Para conmemorar a apertura do establecemento de Catro Camiños, o mércores 30 de setembro sortearase (ao fío das 19.00 horas) unha televisión LG de 22 polgadas entre todos os visitantes que teñan deixado unha postal cos seus datos na caixa de correos disposta para tal uso. Tamén se fará entrega dun agasallo ás persoas que acudan cumprindo cun único requisito: que traian a factura dalgún outro operador da competencia co fin de recibir unha “contraoferta”.
A nova tenda está no local B5 do dito centro comercial. Conta cunha superficie de arredor de 100 metros cadrados e forma parte da nova imaxe dos establecementos de Vodafone, as tendas 2.0 que abranguen, entre outras cousas, elementos dispostos con total accesibilidade, terminais en demostracións, espazos abertos, artellamento do mobiliario con vistas a mellorar a experiencia do cliente, etc. No establecemento desenvolve o seu labor un profesional adicado en exclusiva á configuración de dispositivos e á solución de problemas técnicos. Segundo informa Topdigital, “os espazos diáfanos, a tecnoloxía, a cualificación dos profesionais e a experiencia do cliente son os principais factores que se tiveron en conta para a apertura desta tenda que estrea novo modelo de xestión, orientado a ofrecer o mellor servizo ao cliente achegando unha experiencia innovadora no mercado”.
Topdigital celebra con sorteos e agasallos a apertura dunha nova tenda Vodafone na Coruña
Compartir Este Artigo

