Esta tarde Euskaltel e o fondo de investimento CVC (principal accionista de R) reuniron esta tarde aos seus consellos de administración para someter a aprobación o acordo de adquisición de R por parte de Euskaltel acadado en xullo. Nesta operación valorouse a R en 1.155 millóns de euros (10,9 veces o seu EBITDA), e para poder completala Euskaltel vén de subscribir un contrato de liquidez coa sociedade de valores Norbolsa, de xeito que o operador éuscaro aboará 600 millóns de euros en metálico, mentres que o resto satisfarase en accións. Co acordo de financiamento tamén faise posible que Euskaltel asuma a débeda de R, da que deberá facerse cargo.
Superada a aprobación dos consellos de administración e pechado o acordo de financiamento, queda agora esperar que a Comisión Nacional do Mercado e a Competencia dea o seu visto bo á operación, para poder así logo concretar a compra de R, operación que estiman que se completará no mes de novembro.
Dende a compañía vasca engaden que non queren parar aí, de xeito que, pese á compra de Telecable por parte de Zegona, continúan estar interesados na súa absorción, aínda que non acontecerá a curto prazo xa que “temos que repousar. Despois da saída a Bolsa e desta operación (con R) precisamos asimilar o feito, pero as operacións chegan cando chegan”.
Avanza o proceso de adquisición de R por parte de Euskaltel
Compartir Este Artigo
