A partires de hoxe os usuarios de ordenadores de Apple poden actualizar de balde o seu sistema operativo á súa última versión, OS X El Capitan, que toma como referencia o deseño de OS X Yosemite, engadíndolle prestacións innovadoras e mellorando a experiencia de uso e o rendemento.
Unha das principais vantaxes do novo OS X é a posibilidade de repartir a pantalla entre dúas aplicacións con Split View, que vai na liña da revisión do Mission Control (que permite que as fiestras abertas se coloquen nunha única capa sen solaparse e permite arrastrar unha fiestra á parte superior da pantalla para crear un novo espazo no escritorio. Aparte destas melloras de interface que incrementan a produtividade, as buscas en Spotlight tamén fanse máis intelixentes, as aplicacións de Mail, Notas e Fotos reciben numerosas melloras, o navegador web Safari permite por fin ancorar webs (Pinned Sites), incorpóranse novos tipos de letra (buscando unha lectura máis nítida en pantallas Retina), intégrase o motor Metal para conseguir uns mellores gráficos e, de xeito xeral, mellórase o rendemento do sistema.
Podemos considerar así a esta nova versión de OS X como unha revisión mellorada de Yosemite, de xeito que teriamos por fin un sistema pulido, estable e rápido.
OS X El Capitan xa está dispoñible para a súa descarga
Compartir Este Artigo
