A Deputación de Ourense anunciou onte a vindeira posta en marcha dunha web dirixida a facilitar e fomentar a adopción dos cans acollidos na rede de centros de recollida de animais abandonados. Así o deu a coñecer o deputado responsable da área de Cooperación do organismo provincial, Pablo Pérez, durante a visita que realizou á canceira do Carballiño. A web de adopción, engadiu Pablo Pérez, “completarase con outras accións de sensibilización, como xornadas de portas abertas cada dous meses e visitas guiadas para colexios”, todo co obxectivo de impulsar entre a comunidade escolar os coidados máis axeitados para os nosos animais.
Ademais, tanto dende a web como a través das ditas actividades, ensinarase aos praces o funcionamento deste tipo de instalacións de acubillo. Como dixemos, esta información foi achegada polo deputado de Cooperación durante unha visita ás instalacións do centro de recollida de O Carballiño, no que a Deputación investiu ao redor de 80.000 euros en melloras nos últimos tres anos, ás que se engadirá agora unha correcta sinalización do seu emprazamento exacto.
A Deputación de Ourense porá en marcha unha web para fomentar a adopción de animais
Compartir Este Artigo

