Tras abandonar a dirección do diario El Mundo, Pedro J. Ramírez decidiu iniciar un novo proxecto, que anunciouse publicamente a primeiros de ano, e que pretendía consolidarse nun diario dixital independente, que pronto iniciou a súa pegada na Rede a través dun blog, para desenvolverse logo como Sociedade Anónima mediante achegas privadas e unha campaña de micromecenado que converteuse na iniciativa deste tipo de máis éxito en España, conseguindo finalmente xuntar 3,6 millóns de euros para facilitar que este outono vexa a luz El Español.
Este novo proxecto comezou a funcionar o mércores pasado (nunha beta só dispoñible para subscritores), e hoxe mesmo é o día no que por fin preséntase ante o público como “un proxecto ambicioso que quere achegar aos cidadáns unha nova forma de entender o grande xornalismo de sempre”.
Os responsables desta publicación queren deixar claro que aínda están nunha beta aberta, de xeito que nas vindeiras semanas iremos vendo como a plataforma tecnolóxica vai collendo robustez e seguridade mentres o medio vai collendo forma, recibindo feedback dos lectores.
Queda agora por ver se este tipo de medio consegue converterse nun referente que consiga competir e mesmo superar a cabeceiras propias do papel, reto que están a conseguir algún editores, pero que en mercados como o español é especialmente complexo, xa que a publicidade en liña e o pagamento por contidos dixitais aínda están pouco maduros.
El Español inicia a súa beta aberta
Compartir Este Artigo
