
Entre os factores que inclinaron a INVAP a decantarse pola tecnoloxía de EGATEL atópanse os seguintes: a longa e completa andaina da empresa galega deseñando e fabricando transmisores de TV dixital, ao que cómpre sumar a súa experiencia no desenvolvemento de equipos de alta eficiencia e a súa capacidade para adaptarse ás demandas dos seus clientes e dos usuarios ao onde se dirixen as súas tecnoloxías.
Segundo explica a firma galega, “os transmisores de EGATEL de alta eficiencia son a mellor opción por ofrecer unha relación calidade-prezo difícil de superar”. Entre os puntos fortes destes transmisores atópanse os seguintes: “A optimización da eficiencia enerxética en toda a banda UHF a través da tecnoloxía Doherty, o deseño compacto e modular, a redundancia de fontes de alimentación ou a posibilidade de realizar cambios de canle sen necesidade de facer ningunha modificación nos amplificadores reducen moito o custo total na instalación e ao longo da vida do transmisor”.
EGATEL amplía a rede de TDT Arxentina con transmisores de alta eficiencia e banda larga
Compartir Este Artigo

