Foi o xoves 15 de outubro cando a Concellería de Turismo de Padrón presentaba a súa aplicación para dispositivos pensada para os visitantes do lugar. Cómpre dicir que a dita ferramenta tecnolóxica é 100% de balde e nace coa vontade de mellorar a información que obteñen os turistas que se acheguen á vila, así como á promoción e divulgación do patrimonio histórico-cultural, natural e gastronómico.
A app é apta para todo tipo de dispositivos e está editada en tres idiomas. Asemade, salientar que a aplicación subliña os principais recursos de Padrón, os establecementos gastronómicos ou os aloxamentos.
Por último, engadir que a aplicación móbil conta cun apartado específico para os peregrinos, con indicacións dos puntos relacionados co Camiño de Santiago, diplomas, servizos, prezos especiais en hostalería para eles… Alén disto, dicir que todos os elementos están xeolocalizados e hai un espazo de incidencias, onde tanto veciños coma visitantes poden achegar ideas, queixas ou fotografías nunha caixa de correos virtual.
A aplicación do Concello de Padrón foi levada a cabo pola empresa Pekecha Creatividade Dixital e financiada pola Deputación da Coruña.
Padrón estrea app para os turistas
Compartir Este Artigo

