Un dos consellos habituais de cara á compra de produtos a través da Internet é fixares nos comentarios doutros compradores, o que leva moitas veces aos vendedores a coidar este aspecto con prácticas pouco honestas, o que pode minar a credibilidade de certas plataformas en liña, de aí que Amazon decidise actuar e presentase unha demanda contra 1.114 persoas que ofrecían a través de Fiverr a contratación de críticas positivas de produtos en Amazon, como xa fixera o pasado mes de abril (a primeira vez que tomou unha medida deste tipo).
Dado que Amazon non só vende directamente, senón que tamén actúa como un mercado en liña, polo que quere evitar que a súa páxina web estea inzada de críticas falsas de produtos que poida traducirse na decepción dos seus usuarios finais ao mercar produtos que realmente non responden as expectativas creadas.
Temos así que Amazon non só quere evitar que servizos como Fiverr faciliten a venda de comentarios fraudulentos, senón que tamén busca identificar a quen os realiza para evitar estas prácticas e defender así aos seus usuarios.
Amazon emprende accións legais contra a venda de críticas positivas
Compartir Este Artigo
