
Nese proceso, dixo, “xoga un papel fundamental a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, como canalizadora de toda a política TIC da Xunta”. Este traballo, engadiu, artellouse a través do deseño e posta en marcha de novo servizos dixitais e, tamén, mediante medidas complementarias de protección e salvagarda dos datos e das tecnoloxías. Precisamente para isto púxose en marcha a Comisión de Seguridade e Goberno Electrónico, informou Rueda, que engadiu que os froitos primeiros desta Comisión “foron a aprobación o pasado mes de xuño da política de seguridade da información da Xunta de Galicia e o seu Plan Director de Seguridade para os vindeiros cinco anos, con medidas orientadas á análise previa dos riscos e cunha organización máis preventiva que reactiva”.
Para o vicepresidente, a sociedade galega e os colectivos relacionados coa Xustiza precisan “formación especializada perante o medre deste tipo de delitos, que deben ser convenientemente procesados nos órganos xudiciais, contando cos coñecementos suficientes para comprendelos e analizalos en profundidade”.
Rueda salienta a necesidade de xuntar a eAdministración cos “máximos estándares de seguridade”
Compartir Este Artigo

