Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo acolle o día 7 o segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo acolle o día 7 o segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego

Redacción
Publicado: 30/10/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Exterior da Biblioteca Intercentros de Lugo
Exterior da Biblioteca Intercentros de Lugo
Será a vindeira semana, o 7 de novembro, cando se celebre o segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego. Un encontro promovido pola Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, a Galipedia e Proxéctate en Galego, coa colaboración de Nerd Nite Compostela. Esta actividade celebrarase na Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo, situada na rúa Bernardino Pardo Ouro. Comezará ás 10:30 da mañá e vaise desenvolver en sesións de mañá e tarde. Nesta xuntanza farase un obradoiro de introdución á edición da Wikipedia e logo traballarase para mellorar artigos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, facendo fincapé nos adicados cos temas elixidos para o Día da Ciencia en Galego 2015: a luz e os solos.
Esta xornada está aberta a todos os interesados en iniciarse na colaboración co proxecto da Galipedia e será unha boa oportunidade de achegarse ó proxecto da man de varios dos seus administradores.
Para os que os descoñezan, un wikimaratón é unha reunión (presencial ou virtual) convocada para editar e mellorar de xeito colectivo os contidos dunha Wikipedia sobre un tema ou unha serie de artigos relacionados con el. Adoitan estar promovidos por unha institución educativa ou cultural -neste caso a Universidade de Santiago de Compostela, a través da Biblioteca Intercentros e de Proxéctate en Galego- e buscan visualizar a comunidade da Wikipedia, favorecer o contacto entre os seus membros e facer máis doada a achega a ela de novas persoas. Para máis información e para apuntarse cómpre visitar o espazo en liña da Galipedia.

Programa de actividades

  • 10:30-11:20 – Presentación. Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, da Galipedia)
  • 11:20-11:30 – Planificación e distribución do traballo de edición (Os participantes que non o fixeran xa deben apuntarse na listaxe de abaixo).
  • 11:30-13:45 – Sesión de traballo 1
  • 13:45-16:00 – Xantar
  • 16:00-16:45 – Ciencia na sobremesa.- “Xogando coa mente marabillosa de John Nash” (Julio González Díaz, do Departamento de Estatística e Investigación Operativa da USC)
  • 16:45-18:30 – Sesión de traballo 2
  • 18:30-19:00 – Remate e avaliación do Editatón

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?