Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Esta semana desenvolverase unha nova edición coruñesa da OSHWDem
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Esta semana desenvolverase unha nova edición coruñesa da OSHWDem

Marcus Fernández
Publicado: 03/11/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

oshwdem_2015.jpgOs interesados na cultura Maker terán o vindeiro sábado na Domus da Coruña unha nova edición das xornadas demostrativas de Open Source Hardware, OSHWDem que botaran a andar en 2012, e que, seguindo a filosofía BarCamp sobre electrónica e Open Source Hardware permiten que o público poida facer un achegamento a un ámbitos tecnolóxicos de maior dinamismo nos últimos anos grazas á emerxencia de tecnoloxías como as impresoras 3D ou a robótica, que conseguen estar case ao alcance de calquera.
oshwdem_cser4wmw4ae78rf.jpgEste evento está organizado pola asociación BricoLabs, que semanalmente xunta a interesados en deseñar, construír e probar todo tipo de trebellos propostos polos propios participantes, e que nesta feira contan con convidados doutras partes da península, que amosarán os seus proxectos e impartirán algúns pequenos relatorios. Neste encontro poderanse ver modernas impresoras 3D de fabricación propia (incluíndo impresoras encartables e unha impresora fabricada con materiais reciclados), un dron subacuático de fabricación galega ou un proxecto de creación de próteses para membros amputados baseándose en tecnoloxía aberta.
oshwdem_b18jgkwcqaaz2wd.jpgA OSHWDem completarase durante esta semana con obradoiros de balde de placas electrónicas de robótica e de música electrónica, e como novidade, este ano organízase unha competición de robótica pensada especialmente en estudantes de segundo ciclo da ESO e Bacharelato, que o vindeiro xoves loitarán por gañar postos na Liga Nacional de Robótica de Competición (LNRC).
A organización prevé superar o milleiro de asistentes da anterior edición, e como reclamo no seu programa figuran atractivos concursos como carreiras de robots sigue liñas e batallas de Sumo Robot, así como outras dúas novas categorías de competición: robot resolve labirintos e batallas de robots.


Vídeo no que podemos ver como foi a edición do ano pasado da OSHWDem

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026
Eventos

As tecnoloxías galegas con impacto positivo centran un encontro na Coruña

16/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?