Kantar Worldpanel ComTech está a publicar os datos sobre vendas de smartphones do terceiro trimestre de 2015, repetíndose a tendencia dos últimos meses, con Android gañando terreo nos EE.UU. e cun datos especialmente salientable no caso dos fabricantes máis importantes en Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e España, onde marcas como Sony, HTC e Motorola perderon pulo e deixaron espazo a Huawei para colocarse como o segundo fabricante de smartphones, cando o ano pasado tivera que conformarse cunha sexta posición. O informe de Kantar destaca que a forza de Huawei nótase especialmente en España e Italia.
En España os smartphones con Android conseguen unha cota de mercado do 90,4%, mentres que o iPhone só consegue un 6,3% e Windows Phone o 3%, mentres que BlackBerry estaría morta no nos territorio. Queda así claro o dominio impresionante de Android no noso territorio, mentres que en EE.UU. os móbiles de Apple conseguen acaparar o 29,2% das vendas e incluso no mercado chinés chegaría ao 19,1%. O que si pode sorprender é que no Reino Unido e no Xapón iOS consegue unha cota de mercado do 38,3%, mentres que en Australia chegaría ao 36,8%, ou sexa, que aínda que en volume de negocio para Apple EE.UU. e China serían os principais mercados, en cota habería países nos que a situación sería bastante diferente. Vendo estas cantidades enténdese de xeito doado que España non estea entre os primeiros países nos lanzamentos de Apple.
Os smartphones Honor recibirán Marshmallow
Cómpre lembrar que un dos factores que está a axudar a que Huawei funcione ben en Europa é a súa marca Honor, a través da que achegan os seus terminais de alta gama, moi ben recibidos pola crítica, e que parecen queren conservar a súa boa sona, a que a compañía chinesa vén de confirmar que en febreiro actualizarán a Android 6.0 os seus principais dispositivos.
