Cando aínda non vai un mes da posta en funcionamento das Reaccións en Facebook, programa de probas que do que só pode gozarse dende España e Irlanda, comezamos a ver cambios nesta funcionalidade que enriquece os Gústame da plataforma de Mark Zuckerberg, no que parece unha simplificación do sistema e posiblemente unha modificación para evitar confusións, de xeito que dos 7 estados que cos que podemos reaccionar (Gústame, Encántame, Asómbrame, Divírteme, Alédame, Entristéceme e Anóxame) decidiron eliminar un (Alédame) posiblemente por poder resultar complicado ter que elixir entre tal opción e a de Encántame.
Facebook non realizou ningún comunicado ao respecto, e non sería de sorprender que fixesen outros cambios nas vindeiras semanas, ampliando ou reducindo as opcións ata atopar unha estrutura equilibrada que consideren apta para o lanzamento das Reaccións a nivel mundial.
ACTUALIZACIÓN (6-11-2015): Finalmente a Reacción de Alédame volveu a Facebook.
Facebook elimina o Alédame das súas Reaccións
Compartir Este Artigo
