Máis de 50 empresas europeas (buscando profesionais da informática de todo o espectro estatal) van participar o vindeiro 20 de novembro na Feira do Emprego Dixital que se vai celebrar en Madrid (Distrito Telefónica). O evento, no que xa se inscribiu máis de medio milleiro de mozas e mozos (optando a algún dos 815 postos de traballo que se ofertan), fornece aos estudantes, aos novos profesionais do ámbito das novas tecnoloxías e aos desempregados con formación dixital “unha oportunidade única para realizar entrevistas coas empresas participantes”, entre as que se atopan firmas de referencia internacional no ámbito da informática e o desenvolvemento tecnolóxico.
A iniciativa está organizada por Digital Europe, a asociación tecnolóxica europea da que forma parte AMETIC (a patronal española tecnolóxico-dixital), e o seu obxectivo é pór en contacto a profesionais cualificados españois con compañía europeas procedentes de Reino Unido, Países Baixos ou Alemaña que buscan cubrir vacantes. Esta Feira do Emprego Dixital, en palabras dos seus organizadores, “supón unha oportunidade de traballo única que persegue aproveitar o rico alicerce de talento dixital estatal e ser punto de encontro coas empresas que ofertan oportunidades de traballo”. Até un total de 54 compañías participan no evento, tanto de forma presencial (36 delas)/delas) como en liña, chegadas de 11 países. Entre as firmas que estarán presentes na sede de Telefónica para o evento destacan Amazon e JP Morgan do Reino Unido; a compañía alemá de seguridade da información KuppingerCole; empresas holandesas como TomTom e Booking.com; ademais da propia Telefónica e as filiais españolas de Accenture ou IBM.
Máis de medio cento de firmas punteiras europeas participa na Feira de Emprego Dixital
Compartir Este Artigo

