Esta tarde os mozos españois teñen a oportunidade de participar activamente no primeiro debate dixital que ten lugar en España pensado por e para eles segundo anuncian dende Twitter, plataforma social da que chega o #DebateEn140, unha iniciativa organizada co Foro Europeo da Xuventude e o CJE, e que propón un formato innovador para que un representante dos 6 principais partidos se enfronten aos temas e preguntas que verdadeiramente interesan e afectan máis á mocidade.
A través da súa páxina web oficial, o #DebateEn140 iniciará ás 19:00 horas unha retransmisións en tempo real de contido exclusivo previo ao debate, con conexións en directo con Darío Eme Hace e Mary Ruiz, quen compartirán o seu particular punto de vista cos participantes, para que ás 20:00 horas e durante 90 minuto se desenvolva o debate no que haberá 3 seccións diferenciadas por bloques temáticos, segundo os temas escollidos e votados polos novos na web.
Os debates estarán moderados polo xornalista Ángel Carmona, e os responsables dos partidos políticos presentes serán María González Veracruz (PSOE), Javier Maroto (PP), Fernando de Páramo (Ciudadanos), Íñigo Errejón (Podemos), Andrés Herzog (UPyD) e Sol Sánchez (IU-Unidad Popular).
Para animar a conversa sobre a campaña electoral Twitter tamén activou novas emoticonas que estarán activas ata o 20 de decembro e que activaranse ao escribir en Twitter os cancelos cos nomes dos principais partidos, e anima aos usuarios a ver e compartir vídeos dos candidatos e as súas propostas, votar os temas que queiran ver reflectidos no debate, participar no #DebateEn140 enviando preguntas e comentarios e tamén formar parte dalgunha das quedadas que se organizan en España para facer un seguimento presencial esta iniciativa. Tamén lembran que farán un seguimento do debate a través da súa conta en Twitter e Periscope.
Twitter organiza hoxe un debate electoral dirixido á mocidade
Compartir Este Artigo
