Cando Google convidounos a elixir entre os lados Escuro e Luminoso da Forza como aceno á franquía de Star Wars de cara á estrea de El Despertar de la Fuerza, comentamos que ían preparar varias experiencias de realidade virtual ambientadas no mundo creado por George Lucas, e finalmente comeza a súa publicación dentro da aplicación oficial de Star Wars para iOS e para Android, estando polo momento o lanzamento de 9 entregas repartidas ao longo das vindeiras dúas semanas ás que podemos somerxernos empregando o móbil como visor de 360 graos.
O apartado que recolle as experiencias de realidade virtual chámase Jakky Spy, e permítenos presenciar distintas situacións en Jakku, un mundo deserto que aparecerá na vindeira película de Star Wars. Se empregamos unicamente o noso móbil podemos movelo ao noso redor para poder ver dende distintos ángulos o vídeo envolvente que conforman estes breves episodios audiovisuais, pero que, de contar cun cartón de Google ou outro tipo de casco que facilite o uso do móbil como pantalla de realidade virtual, a experiencia é moito máis inmersiva, xa que entrégase unha imaxe distinta a cada ollo, á vez que se muda a perspectiva conforme movemos a cabeza, conseguindo que non sintamos como dentro da propia acción.
Para que esta experiencia sexa aínda máis rechamante e atractiva, nos EE.UU. o operador de telefonía móbil Verizon está a distribuír para os seus clientes cartóns de Google personalizados coa aparencia de varios personaxes de El Despertar de la Fuerza (BB-8, R2-D2, Kylo Ren e un stromtrooper).
Pero esta campaña promocional de Star Wars non só busca arroupar o lanzamento dun filme, senón que tamén supón a experimentación coas narrativas propias da realidade virtual de xeito que, de gozar co favor do público, no futuro podería continuar a progresar, pois non podemos esquecer que 2016 será o ano no que cheguen ao mercado produtos como as lentes PlayStation VR e as longamente agardadas Oculus Rift.
Star Wars estrea experiencia de realidade virtual a través do móbil
Compartir Este Artigo
