No mes de decembro é bastante habitual que moitos servizos en liña boten a vista atrás e resuman o máis destacado do ano, facendo un balance cheo de curiosidades, como fai YouTube, que con #YouTubeRewind convida a lembrar músicas, celebridades e momentos que foron tendencia este ano no que destacou especialmente o pulo dos youtubers. No vídeo musical deste ano, Now Watch Me 2015, non só lembran cousas do presente ano, senón que tamén rematan cunha homenaxe aos vídeos de máis éxito en YouTube na súa historia, como exemplo da pegada que deixaron no tempo.
YouTube aproveita a ocasión para presentar unha nova pestana na súa páxina web, Tendencia, na que temos unha escolma do que máis se está a compartir e comentar no día, para quen queira estar sempre ao día do que se leva.
Repasando o mellor de 2015, temos que clips de programas de televisión destacaron os vídeos protagonizados por fenómenos da Rede (como as batallas de lypsync, cantar no coche ou ler chíos groseiros), mentres que a no mundo da música vimos como certos vídeos conseguiron algún dos crecementos máis rápidos da historia, como foi o caso do See You Again de Wiz Khalifa, que superou os mil millóns de reproducións en menos de seis meses, á vez que o Hello de Adele conseguiu colarse no top 10 anual en poucas semanas (que xa supera os 650 millóns de reproducións).
A nivel español marcaron tendencia (que no é o mesmo que ser os vídeos máis reproducidos) vídeos como a curtametraxe Vale de Alejandro Amenábar, youtubers como ElRubius, AuronPlay e Veggetta, e incluso un remix de El Caloret; aínda que se limitamos o tema a cancións vemos que un ano máis os vídeos musicais de artistas latinos volven a acaparar os éxitos en España encabezados por El Perdón de Nicky Jam.
Vídeo musical co que YouTube rende homenaxe aos éxitos na súa plataforma en liña durante o presente ano
