Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Rede CeMIT incidirá en achegar capacitación dixital a todos os galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Rede CeMIT incidirá en achegar capacitación dixital a todos os galegos

Redacción
Publicado: 16/12/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Os participantes na sinatura do convenio nunha imaxe de Xoán Crespo
Os participantes na sinatura do convenio nunha imaxe de Xoán Crespo
Esta mañá asinábase o acordo polo cal a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) colaborarán de novo en 2016 para garantir que a capacitación dixital chegue a todos os galegos a través das actividades que desenvolve a Rede de aulas CeMIT. Ao acto asistían o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira, e o presidente da Federación Galega de Municipios (FEGAMP) Alfredo L. García. O convenio establece que en 2016 a AMTEGA achegará aos concellos a través da FEGAMP 782.774,70 euros para a realización de actividades en materia de inclusión dixital nas consideradas aulas de referencia da Rede.
En canto a novidades, este ano o acordo inclúe a posibilidade de dispor dunha listaxe de aulas de reserva de xeito que, cando unha aula de referencia sexa baixa por vontade propia ou por incumprimento dos criterios establecidos, as aulas de reserva poderán pasar a ser aula de referencia sempre e cando cumpran os requirimentos de actividade.
Os obxectivos previstos da Rede para 2016 son impartir 45.000 horas de formación dixital de balde e acadar os 56.000 usuarios rexistrados.
Xunto coas actividades formativas, o vindeiro ano poranse a disposición da cidadanía galega dúas novas ferramentas para facer máis doado o acceso aos recursos de capacitación dixital. Estamos a falar dunha web de Inclusión Dixital, que integrará nun único espazo toda a información relacionada cos servizos, proxectos, iniciativas e actividades desenvolvidas pola Xunta de Galicia neste eido e un mapa de e-inclusión, que permitirá atopar e xeolocalizar todos estes activos e recursos dispoñibles en Galicia no eido dixital.
Asemade, tamén en 2016 terán continuidade proxectos e iniciativas que se puxeron en marcha en 2015 como CeMIT-Innova, un proxecto para o fomento da innovación social dixital en Galicia. Tamén se ampliará o alcance de O Banco de tempo, unha iniciativa para intercambiar e compartir horas de formación entre centros a través de videoconferencia.
A Rede CeMIT é a rede habilitada para acreditar á cidadanía a Certificación Galega de Competencias Dixitais en ofimática (CODIX), da que xa se examinaron máis de 840 persoas.
A Xunta e a FEGAMP levan dous anos colaborando no impulso de actuacións de inclusión dixital no marco da Administración Local e durante o 2016 traballarase para avanzar no cumprimento dos obxectivos marcados polas Axendas Dixitais española e europea, así como pola Axenda Dixital de Galicia 2020, que establece entre os seus desafíos o de pasar da alfabetización á autonomía dixital.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?