Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: HackForGood volve a Vigo os días 25, 26 e 27
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

HackForGood volve a Vigo os días 25, 26 e 27

Redacción
Publicado: 11/02/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

hackforgood_girls.jpgA Universidade de Vigo acollerá a celebración de HackForGood, iniciativa de Telefónica que alcanza este ano a súa cuarta edición, os vindeiros días 25, 26 e 27, co obxectivo de xuntar hackers na procura de aplicacións tecnolóxicas que contribúan a crear un mundo mellor a través do uso dos datos xerados na contorna dixital (Big Data).

Da man da Escola Técnica Superior de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, a Fundación Hazloposible e a startup MashmeTV, e co apoio da Rede de Cátedras Telefónica (entre elas, a cátedra Telefónica da Universidade de Vigo, dirixida polo catedrático José Cidrás), HackForGood premiará aos equipos que desenvolvan as mellores aplicacións tecnolóxicas en Vigo, Madrid, Barcelona, Valencia, Alacante, Murcia, Cidade Real, Sevilla, Málaga, Las Palmas de Gran Canaria, Cáceres, Salamanca, Valladolid e León.

Na primeira parte do evento terá lugar, de forma simultánea en cada unha das catorce sedes, o Startups University Day, no que se presentarán as mellores prácticas de emprendemento en cada unha das 20 universidades participantes. Posteriormente haberá unha presentación global por videoconferencia con conexión de todas as sedes. Na segunda parte do evento os equipos desenvolverán aplicacións e solucións aos retos expostos, valorándose a formación de grupos multidisciplinares que inclúan todos os perfís necesarios para o desenvolvemento de servizos e aplicacións -técnicos, deseñadores, informáticos, sociólogos, enxeñeiros, emprendedores sociais e persoas do ámbito social…

Vía web todas as persoas e organizacións interesadas poden propor retos así como acceder aos retos que xa foron propostos como, por exemplo:
– Crear unha aplicación que a partir das fontes de datos abertas dos concellos facilite aos cidadáns o goce dunha cidade mellor
– Desenvolver unha lonxa ou marketplace de produtos de agroecología
– Construír unha aplicación móbil para conectar a persoas que queren facer voluntariado coas necesidades das entidades sociais
– Deseñar un sistema para reducir a contaminación atmosférica nas cidades

Quen achegue solucións a eses retos poderán desenvolver a súa aplicación na cidade que elixan. Os equipos que desenvolvan as mellores aplicacións poderán acceder a multitude de premios como:
– Premios HackForGood, que repartirán 12.000 euros para as mellores aplicacións nacionais (8.000 euros para o equipo gañador) e catorce premios de 2.000 euros, un por sede, para as mellores aplicacións locais.
– Premios temáticos. Repartiranse 8.000 euros para as mellores aplicacións que resolvan retos relacionados coa educación e a discapacidade intelectual así como para aqueles que baseen o seu desenvolvemento no uso de xogos serios ou que teñan o mellor deseño.
– Premios de continuidade, que facilitarán aos equipos continuar co desenvolvemento das aplicacións cando acabe o evento. Para iso ofrecerase formación personalizada, mentorización específica e financiamento adicional para continuar co seu proxecto. Son os seguintes premios:
– Premios Think Big – HackForGood: Haberá un premio Think Big local en cada sede HackForGood que consistirá nun fin de semana formativo en emprendemento social xunto á posibilidade de pasar ao nivel 2 do programa Think Big de Fundación Telefónica. Neste nivel os participantes accederán a formación, contarán coa axuda dun mentor e ata 3.000 euros de financiamento para levar a cabo o seu proxecto. Ademais, entre todos os gañadores locais elixirase o gañador nacional que será premiado cun pase directo ao nivel 2 de Think Big.
– Premios Telefónica Open – Future HackForGood. Son tres galardoes globais que ofrecen aos gañadores a posibilidade de usar a Rede de espazos de crowdworking de Open Future e unha mentorización personalizada e de primeiro nivel que facilite que a idea orixinal e o prototipo desenvolvido en HackForGood evolucionen cara a unha startup.
– Premios multisede, ofrécense aos equipos multisede que, de forma colaborativa entre dúas ou máis sedes, desenvolvan as mellores aplicacións. Repartiranse 4.000 euros cun primeiro premio de 3.000 euros á mellor aplicación multisede.
– Premios formativos, que ofrecen aos HackersForGood bolsas completas para o desenvolvemento de masters en dirección de empresas e en sistemas de información.

Todos os equipos gañadores formarán parte do ecosistema de emprendemento de Telefónica Open Future e así poderán dar continuidade ao seu proxecto e beneficiarse dos programas da compañía de formación e mentorización, e conseguir financiamento adicional para os desenvolvementos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?