Para os usuarios que teñan instalado no seu smartphone as aplicacións de Facebook Messenger e Dropbox chega unha nova funcionalidade moi atractiva: a integracións. Deste xeito, cando un usuario queira compartir fotografías das súas vacacións, gravacións de vídeo domésticas e outros documentos, poderán facelo a través do Messenger, sen ter que abandonar a aplicación de mensaxería.
Esta nova funcionalidade está a espallarse internacionalmente, para o que temos que instalar no noso dispositivo móbil a última versión de Dropbox para iOS ou para Android, facilitando así intercambiar nas conversas incluso imaxes GIF animadas e vídeos, que se amosarán directamente na aplicación de Messenger, mentres que o resto de contidos aparecerán como ligazón que se abrirá na aplicación móbil de Dropbox.
O Messenger de Facebook intégrase coa última versión de Dropbox
Compartir Este Artigo

