Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello “ferrolanizou” esta fin de semana a sete blogueiros referenciais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello “ferrolanizou” esta fin de semana a sete blogueiros referenciais

Redacción
Publicado: 13/06/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

concello_ferrol_blogueiros.jpgEsta fin de semana o concello de Ferrol amosou ao detalle os seus reclamos turísticos perante un referencial elenco de blogueiros. Foi no marco do Blog Trip de promoción turística organizado polo Executivo local e do que falamos os días pasados dende Código Cero. En total, participaron na experiencia sete autores da Rede: Carlos Olmo (Vagamundos), Víctor Gómez (Machbell), Sabela Montero (Viajando blog imágenes y sensaciones), Víctor Fernando (Foto escapada), Verónica Martínez (Vero4travel), Laura Fernández (Meridiano 180) e Pepe Romera, experto en vídeo mercadotecnia e responsable de peperomera.com.
O alcalde Jorge Suárez recibiunos o pasado xoves. A súa estadía de “ferrolanización” das/os bitacoreiras/os prolongouse ata este domingo. Amosóuselles o potencial do concello galego e da súa contorna para a práctica de deportes como o surf, o mergullo, o sendeirismo ou o parapente, e os encantos naturais, arquitectónicos e históricos da cidade.
Maís en detalle, coñeceron as praias de Santa Comba, Ponzos, Doniños ou Cobas, e tomaron contacto coa arquitectura do barrio da Magdalena e o roteiro das Meninas de Canido.
O Blog Trip inseriuse na nova estratexia turística desenvolvida pola Concellería que dirixe Bruno Díaz, iniciada co programa Ferrolanízate posto en marcha en Semana Santa, que salientaba o atractivo de Ferrol non só dende o ámbito histórico e patrimonial senón tamén como espazo privilexiado para o deporte e o lecer activo.
Na escolma dos ditos blogueiros buscouse que os seus cadernos tiveran sobre todo unha orientación cara a un turismo de natureza, sustentable e cultural. Tamén se tivo en conta “a gran calidade das fotografías realizadas por algúns dos participantes, como Víctor Gómez e Víctor Ferrando, fotógrafos profesionais ademais de blogueiros de viaxes”, informou o Concello.
Os autores, un por un
Carlos Olmo Bosco é autor de varios blogs, destacando vagamundos.net o seu proxecto principal, para “viaxeiros sen présa”. Como el mesmo explica na súa web, percorreu máis de 100 países. É colaborador habitual en radio, cunha sección de viaxes de Onda Cero Galicia e Non é un día calquera, de RNE. Foi pioneiro na elaboración de guías de turismo de autor para iPad, iPhone e Android, con guía para Patrimonio da Humanidade UNESCO de España e faros de Norte de España.
Víctor Gómez, coñecido como @machbel, define no Twitter deste xeito a súa propia filosofía vital: “Gozo da vida mentres busco lugares e historias auténticas. Intento ser un viaxeiro sustentable, #ecolóxico. Son fotógrafo de viaxes e blogger membro da asociación Galicia Travel Bloggers”. Dende a súa creación en 2005, machbel.com non parou de medrar, tendo na actualidade máis de medio millón de lectores anuais e unha manchea de recoñecementos. En Twitter ten 7.871 seguidores, 7.539 en Instagram e 5.887 seareiros en Facebook.
Sabela Montero tamén é membro da asociación Galicia Travel Bloggers co blog de seu, un caderno de viaxes dirixido sobre todo a viaxeiros independentes e aventureiros que buscan coñecer novos lugares, novos destinos e novas experiencias. Sabela Montero é deseñadora gráfica de profesión e viaxeira de vocación, e percorreu máis de 50 países. En Twitter conta con 7.111 seareiros; 2.729 en Instagram e 5.923 no seu Facebook.
Polo que respecta a Verónica Martínez, xestiona e impulsa o caderno Vero4travel.com, unha das bitácoras en liña máis lidas e seguidas do mundo hispano. En 2015 tivo máis de 500.000 visitas (medio millón) e 800.000 páxinas vistas. Segundo o Concello de Ferrol, trátase dun caderno “moi activo en redes sociais onde non importa só o número senón a interacción”. Conta con máis de 15.810 fans ou seareiros en Facebook, 24.300 en Twitter e 12.600 seguidores en Instagram. En YouTube, Verónica ten 2.608 subscritores.
Laura Fernández, coñecida como @raponchii é xornalista, blogueira e viaxeira. O seu blog é un caderno de viaxes persoal onde integra todas as súas paixóns: viaxar, escribir, comer, ler e debuxar. É membro da Asociación Barcelona Travel Blogger. Séguena en Twitter 4.565 persoas; no seu páxina de Facebook 1.462 e 986 en Instagram.
Fotoescapada, pola súa banda, é un blog de viaxes e fotografía de Víctor Ferrando que narra experiencias, gastronomía, natureza, cidades, cultura e xente. Ten unha sección específica sobre turismo rural e outra sobre gastronomía. Víctor Ferrando participou en diversos en blogtrips de viaxes de natureza. O seu caderno conta con 3.437 amigos en Facebook, 1.206 seareiros en Instagram e 4.346 seguidores en Twitter.
Pepe Romera, @romerapepe, é un experto consultor e relator en videomarketing de gran prestixio en España. Para a xuntanza de Ferrol encargarase de realizar pezas audiovisuais breves sobre as experiencias vividas no blogtrip para difundir nas redes sociais. Ademais vai realizar algúns vídeos 360º. En Instagram conta con 1.466 seareiros, 2.679 en Twitter e ten unha canle de seu en YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026
Actualidade

Der Spiegel critica duramente o poder que exerce a elite tecnolóxica

27/11/2026
Actualidade

As profesionais das nosas empresas TIC desmontan prexuízos de xénero nos centros educativos

27/11/2026
Actualidade

Investigadores do CINTECX presentan en Corea do Sur o xemelgo dixital do proxecto europeo MarPower

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?