Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Desvélase a relación de relatores da vindeira edición de TEDxGalicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

Desvélase a relación de relatores da vindeira edición de TEDxGalicia

Redacción
Publicado: 15/06/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tedxgalicia_2016.jpgO vindeiro 16 de xullo a partires das 11:00 horas botará a andar unha nova edición de TEDxGalicia no andar -1 do Museo Gaiás, que baixo o lema De que está feito o futuro? xuntará diversos relatorios nos que explorarán como imos ser como individuos e sociedade, así como chamará á reflexión sobre o noso papel no rumbo que estamos a tomar.
Estamos ante a edición máis ambiciosa desta serie de eventos locais independentes organizados baixo o paraugas das siglas TED (Tecnoloxía, Entretemento e Deseño), xa que desta volta en vez de 2 sesións de charlas, realizaranse 3, de xeito que unha sesión matinal completará o programa que habitualmente só estaba dividido en dúas sesións de tarde.
As sesións están compostas por intervencións inferiores aos 18 minutos de duración e pese a que non se coñecía o programa da vindeira edición, hai semanas que se esgotaron os billetes para poder asistir a este evento que durante as últimas horas desvelou o seu cadro de relatores a través de catro vídeos publicados en Facebook.
victor_grande_13416835_10154330332721940_4373509394901912376_o.jpgDeste xeito por fin sabemos que as intervencións correrán a cargo da economista ambiental María Loureiro, o músico Carlos García Amigo, a xestora de Doutroxeito Coworking Chus Prol, o actor Óscar Rodríguez, a experta na xestión do optimismo nas organizacións Belén Varela, o divulgador tecnolóxico Marcus Fernández, a autora do libro NETiqueta. Comunicación en Entornos Digitales Mar Castro, o informático Javier Pedreira Wicho, a pintora Dores Allegro, o pai Ricardo González, o ruralista Xosé Luís Carrera, a artesá Idoia Cuesta, o deseñador Juan Ares, o cómico Víctor Grande, o xornalista Nacho Carretero, o mestre Alberto Sacido e o arqueólogo José Manuel Costa.
tedx_12045253_10154185180419056_5875114025387718904_o.jpgOs relatorios grávanse en vídeo para a súa posterior publicación en YouTube, fórmula coa que as charlas TEDx buscan chegar ao grande público, facilitando así a divulgación dos temas abordados en cada edición anual destes eventos independentes que van collendo cadansúa identidade e consolidando unha comunidade ao seu redor, como se demostra polo poder de convocatoria que teñen estas xornadas en Galicia, cun público entregado adquirindo os billetes a cegas de xeito anticipado, como un xeito de contribuír a que estes encontros continúen adiante co seu pulo habitual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
The New York Times veta a nova versión de Photoshop
Actualidade
3 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026
Eventos

Unha feira gratuíta convida ás familias a conversar con robots e probar a realidade virtual no CIFP Politécnico de Santiago

19/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?