
E en que consiste a técnica dos conxuntos aproximados? Pois a partir dunha cantidade de datos permítese xerar unha serie de regras de decisión; por exemplo, se no correo aparece a palabra buy ou viagra, este e-mail é clasificado como lixo.
En resumo, segundo a propia investigadora, “o traballo que realizamos introduce un novo modelo para o filtrado de correos lixo baseado no emprego de conxuntos aproximados xunto cunha nova aproximación para a rexión fronteira combinado con outras técnicas de aprendizaxe automática así como unha avaliación das técnicas máis usadas comunmente e unha comparativa destas co novo modelo proposto”. Para acadalo, engade, desenvolvéronse tres algoritmos diferentes, que foron sometidos á comparación cos mellores clasificadores existentes para demostrar a súa efectividade.
Neste traballo combínanse métodos de aprendizaxe automática, o conxunto de regras xerado mediante a utilización de conxuntos aproximados e a aproximación máis eficaz para clasificar correos na rexión fronteira desenvolvida durante a a elaboración desta tese de doutoramento.
Desta análise tíranse dúas conclusións en canto a correo lixo: a importancia dos erros de tipo falso positivo e todos os problemas asociados ao chamado concept drift, concepto que se refire á natureza cambiante do correo lixo.
Para rematar a doutora fai fincapé en que os remitentes de correo lixo amorean cada vez máis experiencia e afinan o seu enxeño para que os seus correos non sexan detectables con facilidade. Isto, xunto coa natureza cambiante do contido destes correos e o seu enorme custo, fai necesaria unha constante innovación nas técnicas de detección de spam.
Chega dende o Campus de Ourense un novo xeito de clasificación do correo lixo
Compartir Este Artigo

