O navegador web máis empregado en dispositivos con Android, o Google Chrome, está a actualizarse á versión 55 a través de Google Play, proceso que nalgún caso aínda pode adiarse uns días, e que supón un importante cambio da aplicación que non só mellora en rendemento, xestión de memoria e estabilidade, senón que tamén incorpora novas funcionalidades: facilitar a descarga de música, vídeos e páxinas web completas para a súa visualización fóra de liña, ver e compartir descargas en Chrome, ver subliñadas as palabras mal escritas nos campos de texto e melloras na busca contextual na interface gráfica.
O feito de poder premer no botón de descargar cando esteamos a ver unha páxina web é un grande avance, xa que elimina a necesidade de empregar ferramentas como Pocket para gardar contidos para súa lectura a posteriori e sen consumir datos (o que pode resultar moi interesante no caso de querer ler longos artigos cargados de elementos gráficos cando esteamos de viaxe).
Chrome para Android permite descargar contidos para velos sen conexión
Compartir Este Artigo
