O mes pasado Pepephone renovou as súas tarifas de ADSL + móbil rebaixando o seu prezo xa de por si agresivo, xa que o OMV ofrecía as súas móbiles con tarifas de 0 céntimos/minuto con ADSL de ata 20 Mbps por 25,9 euros/mes para 1 GB de datos por 4G ou 29,9 euros/mes para 2 GB de datos por 4G. O máis curioso desta oferta é que o móbil funciona con cobertura de Movistar e o ADSL de Vodafone, o que vai mudar en breve, xa que Pepephone ten previsto que a partires de febreiro a rede fixa empregada sexa a de MásMóvil, mantendo as condicións actuais (nas que sorprende a ausencia da liña fixa de voz e do compromiso de permanencia).
O cambio á rede de MásMóvil aplicarase inicialmente a novas altas, mentres que aos clientes actuais iniciarase a migración a partires do mes de abril, de xeito gradual e, nalgúns casos, incluso sería posible que a migración fose de ADSL a fibra, o que Pepephone deberá analizar xa que o custo da instalación doméstica de fibra óptica é bastante elevado, á vez que o router tamén resulta máis caro que un de ADSL.
No que se refire ao móbil, dende Pepephone aseguran que manterán a cobertura de Movistar como mínimo ata 2019.
Pepephone mudará o seu ADSL á rede de MásMóvil
Compartir Este Artigo
