Coa presentación dos novos MacBook Pro chegaron tamén os monitores UltraFine 5K de 27 polgadas, deixando claro que Apple saía do mercado dos monitores e apostaba por asociarse a LG para ofrecer boas pantallas externas para os seus equipos, pero estes monitores cunha resolución de 5.120 x 2.880 píxeles están a presentar serios problemas para moitos usuarios que farían que a pantalla fose practicamente inservible, indo dende pestanexos en pantalla ata desconexións e bloqueos que chegaban incluso a colgar o MacBook Pro ao que estaban conectados e finalmente descubriron que o que a primeira vista podería parecer unha unidade defectuosa trátase realmente dun fallo de funcionamento cando a pantalla está a unha distancia inferior a 2 metros dun router.
Estamos ante un fallo de deseño moi grave, que non acontece con ningún outro monitor de LG (lembremos que estas pantalla 5K desenvolvéronse en colaboración con Apple) e mentres non aparece unha solución recoméndase aos potenciais compradores dun monitor que custa 1.049 euros que teñan en conta este defecto antes de decidir a compra do dispositivo, xa que non sempre poder resultar posible manter o posto informático afastado de routers.
Os monitores LG UltraFine 5K fallan preto de routers
Compartir Este Artigo
