O dominio .gal está a vivir un bo momento, coa superación dos 3.500 dominio rexistrados baixo o sufixo para a lingua e a sociedade galegas, e coa activación de páxinas web como a da Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo ou o novo blogue do escritor Xavier Alcalá; confiando en que nas vindeiras semanas o volume de dominios rexistrados baixo o .gal reciba un importante pulo xa que a Asociación PuntoGal decidiu aproveitar que este mes celébrase o 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro para ofertar os dominios .gal a un prezo máximo de 5 euros a través do rexistradores que se adheriron a esta promoción.
A campaña de promoción dos dominios .gal a un prezo sen precedentes chega grazas á colaboración da Asociación PuntoGal coa Fundación Rosalía e, de feito, presentarase en sociedade o vindeiro venres no Auditorio da Casa de Rosalía en Padrón, nun acto ao que acudirán Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Angueira, presidente da Fundación Rosalía de Castro, e Manuel González, presidente da Asociación PuntoGal.
Como exemplo de prezo dun rexistro durante o mes de febreiro, Dinahosting cobra por cada dominio.gal 4,45 euros + IVE, ou sexa, un total de 5,38 euros, o que supón un prezo mínimo histórico para un dominio co sufixo .gal, o que podería animar a particulares e organizacións que non se animaran a dar o paso de ter un presenza en liña ou que tiñan un nome de dominio pouco acaído a apostar polo .gal como sinal de identidade ou, simplemente, para amosar unha maior proximidade á sociedade galega.
Durante o mes de febreiro poderanse rexistrar dominios .gal por menos de 5 euros
Compartir Este Artigo
