Tras varios meses preparando a súa saída a Bolsa, finalmente a compañía detrás de Snapchat, Snap Inc., lanzou a súa Oferta Pública de Valores (OPV) no mercado bolsista de New York baixo o símbolo SNAP, ofrecendo 200.000.000 de participacións de clase A a un prezo inicial de 17 dólares cada unha, o que sumaría 3.4000 millóns de dólares.
A resposta do mercado foi bastante boa, especialmente se temos en conta que Snap perdeu máis de 500 millóns de dólares o último ano e Facebook está a competir dun xeito moi duro con Snapchat, e aínda que o prezo de saída das accións era de 17 dólares, durante a meirande parte da súa primeira xornada as participacións movéronse entre os 24 e os 25 dólares.
O reto que ten agora Snap Inc. é demostrar aos investidores que non son unha compañía como Facebook ou Twitter, coas que non sería xusto realizar comparacións, e conseguir demostrar que a súa definición como unha empresa de cámaras ten sentido. Poderá librarse Snap do sambenito de ser unha nova Twitter especialmente cando parte dun volume de usuarios activos inferior e duns resultados económicos peores? Os seus responsables confían en que será así, pero tamén piden ao mercado que entenda que están nunha fase emerxente, ou sexa, que tardarán bastante en poder repartir beneficios.
A compañía de Snapchat estréase en Bolsa
Compartir Este Artigo
