A finais do ano pasado Twitter anunciou que subía ao carro do vídeo en directo en 360 graos, pero esta funcionalidade estaba pechada a un grupo reducido de partners ata agora, cando esta característica ábrese a todo o mundo a través de dispositivos móbiles. No caso de iOS as retransmisións poden facerse, por exemplo, coa cámara Insta360 Nano, que pode aproveitar a integración nativa de Periscope para iOS con só conectar a cámara e premer o botón de facer un directo. No caso de Android será preciso empregar a aplicación Periscope Producer, que tamén é compatible coas cámaras Ricoh Theta S e Orah 4i.
Polo momento aínda é moi reducido o número de cámaras capaces de producir vídeo 360 en tempo real, pero o seu número está a medrar a bo ritmo, e incluso hai modelos especialmente económicos, de xeito que agora que Periscope eliminou a barreira de entrada que tiña posta será moito máis doado ver este tipo de contidos (que tamén están presentes en Facebook e YouTube).
Periscope xa permite emitir vídeo en 360 graos a calquera usuario
Compartir Este Artigo
