Dende o pasado verán temos en España acceso a Youtube Kids, aplicación para Android e iOS que permite aos pequenos da casa consumir contidos de YouTube dun xeito seguro e cunha interface simplificada, de xeito que tanto temos unha ferramenta doada de manexar por un pequerrecho como tamén podemos deixalo fronte a pantalla coa tranquilidade de que non atopará accidentalmente contido pouco axeitado para a súa idade.
Ante a boa recepción que está a ter YouTube Kids parece que o paso seguinte era só cuestión de tempo, e finalmente Google anuncia que a aplicación vai dar o salto ao televisor, de xeito que os Smart TV de Samsung, LG e Sony en 26 países comezarán a recibir a nova aplicación, permitindo que os pequenos da casa poidan ver os seus vídeos favoritos en pantalla grande. Esta nova versión de YouTube Kids tamén facilitará a exploración e busca de vídeos dos temas que máis interesan aos cativos, contando con numeroso contido seleccionado para tranquilidade dos proxenitores.
YouTube Kids chega aos Smart TV de Samsung, LG e Sony
Compartir Este Artigo
