
A comisaria Margrethe Vestager, responsable da política de competencia, declarou que «Amazon utilizou certas cláusulas nos seus acordos cos editores que dificultaría que outras pataformas de libros electrónico puidesen innovar e competir efectivamente con Amazon». Vestager insiste na necesidade de asegurar a competencia no sector do libro electronico, que move máis de 1.000 millos de euros/ano.
Entre as cláusulas que incluía Amazon figuraban detalles como que Amazon debería recibir sempre o mellor trato entre todos os editores cos que traballase un autor, tendo que informarse a Amazon das condicións dos acordos editoriais adoptados (non limitándose aos prezos fixados, senón tamén a información os modelos de distribución, a innovación nos soportes electrónicos e a promoción.
Especificamente Amazon comprométese a non forzar cláusulas relevantes que requiran aos editores ofrecer a Amazon condicións como as que ofrecen a competidores de Amazon (tendo tampouco que informar a Amazon dos acordos con terceiros); permitir aos editores rematar os contratos de libros electrónicos que conteñan cláusulas de desconto para libros en función do seu prezo en plataformas da competencia; e tamén deixarán de introducir as cláusulas polémicas nos vindeiros acordos cos editores.
Amazon chega a un acordo coa Comisión Europea sobre a venda de libros electrónicos
Compartir Este Artigo
