Malia que xa se avanzou algo, o servizo Google Maps, a ferramenta referencial da Rede para que os internautas situemos ou localicemos xeograficamente un emprazamento concreto, está inzado de nomes de lugar incorrectos. No caso da nosa terra, este fenómeno materialízase nunha chea de deturpacións (unha herdanza de traballos xeográficos previos, feitos por administracións políticas, científicas e militares con pouca vontade de velar polo noso e que logo non foron obxecto da debida actualización). Para rematar por todas cunha situación que as galegas e os galegos levamos arrastrando durante demasiado tempo e que incomprensibelmente se perpetúa na Rede (paradigma da modernidade), o BNG vén de propoñer no Parlamento que o servizo de Google “restitúa os topónimos galegos á súa forma oficial e legal”. A proposición non de lei, defendida hoxe pola deputada, Olalla Rodil foi aprobada “por unanimidade”.

Rodil engadiu que “unha boa maneira de corrixir estes erros” é que o Goberno galego asuma un dos principios fundamentais recollidos na Lei de Normalización Lingüística no seu artigo 22 co seguimento da normalización da lingua asesorando á propia administración e particulares comezando con iniciativas para que “nos chamen polo noso propio nome”.
O BNG logra un acordo no Parlamento para pedir a Google que corrixa os topónimos galegos deturpados
Compartir Este Artigo
