Unayta, compañía de servizos tecnolóxicos avanzados emprazada en Milladoiro, lanzou este ano unha ferramenta de xestión específica para panadarías. A plataforma en cuestión chámase Justbread Soft é un software de xestión ERP, ou sexa, un sistema de planificación de recursos para empresas que, ademais, salienta por ser “completo e exclusivo para o sector do pan”, fornecendo aos establecementos de todo o que poidan precisar para o seu día a día (xestión, planificación, control de recursos, distribución, loxística, etc). Segundo informa Unayta, Justbread Soft tamén destaca por ser un proxecto “complemento novo”, non unha adaptación doutra solución previa.
A
ferramenta xorde directamente das “necesidades do sector”, tras comprender, os profesionais da firma de Milladoiro, “que co asesoramento dos panadeiros poderíamos afrontar con éxito a oportunidade de producir unha solución ERP efectiva para eles, integrada, con ferramentas completas de control de almacén, venda e xestión administrativa”.
As principais funcións do programa atinxen ás demandas tanto do día a día (stock, TPV de cobro, reparto con tabletas, etc) como aos procesos administrativos e contables do negocio. “A fortaleza da solución”, explican os profesionais da firma galega, “radica en que xurde de captar as necesidades do sector panadeiro e darlle solucións a súa medida”. Neste senso e aproveitando o lanzamento, Unayta fixo un convite aos negocios do sector e ás asociacións a coñecer esta solución exclusiva para eles, ben a través de demostracións ao vivo nas propias panadarías ou pastelerías interesadas.
A galega Unayta lanza un software específico de xestión para panadarías, Jusbread Soft
Compartir Este Artigo
