A 4ª edición dos Talentos Inclusivos ábrese este mércores coa participación de 15 centros de ensino
luns, 29 de xaneiro do 2024
Será este mércores, 31 de xaneiro, ás 12h na Sala Leonardo da Vinci do Museo Domus (A Coruña) cando teña lugar o acto de apertura da cuarta edición do programa Talentos Inclusivos do CITIC e ASPACE.
Sinalar que nesta xornada presentarase a iniciativa, posta en marcha polo CITIC (Centro de Investigación en TecnoloxÃas da Información e as Comunicacións) da Universidade da Coruña e ASPACE Coruña (Asociación de Pais de Persoas con Parálise Cerebral), co apoio do Consello Social da Universidade da Coruña, o Concello da Coruña, a FECYT (Fundación Española de Ciencia e TecnoloxÃa), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades e a Xunta de Galicia.
Engadir que serán un total de 15 centros de ensinanza das catro provincias galegas os que asistan ao encontro inaugural, no que tamén estarán presentes: Manuel G. Penedo (director do CITIC), Mª Carmen Barreiro Santos (presidenta de ASPACE Coruña), Nereida MarÃa Canosa (concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas), un representante do Consello Social da Universidade da Coruña, un representante da ConsellerÃa de PolÃtica Social, Judith Fernández Novoa (directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa da ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades) e Ricardo Cao (reitor da Universidade da Coruña).
Talentos Inclusivos ten como finalidade fomentar as vocacións TIC entre estudantes de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, á vez que quer visibilizar a diversidade funcional a través dos equipos colaborativos que traballan conxuntamente durante todo o curso académico.
Engadir que durante o curso académico 2023/2024, os grupos de traballo seguirán a dinámica de edicións anteriores, desenvolvendo os retos propostos por ASPACE Coruña, Amencer e APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral), que se suman á iniciativa nesta 4ª edición. Estas asociacións achegarán solucións para algúns dos problemas que se atopan as persoas con parálise cerebral, para isto, contarán co apoio do persoal investigador do CITIC da UDC.