A A.G.A. leva a debate en Santiago a situación actual do Audiovisual Galego

xoves, 14 de xuño do 2007

Os vindeiros 20 e 21 de xuño, a Academia Galega do Audiovisual vai retomar a análise da situación actual do audiovisual galego levada a cabo estes días no Club Internacional de Prensa en Santiago de Compostela.
Baixo o título de “O estado das Cousas”, a A.G.A. vén de repasar e analizar, dende distintas ópticas, a situación que atravesa o devandito sector neste momento. Para isto, contou coa presenza de distintos profesionais do entorno audiovisual galego que, entre outras cousas abordaron o papel da cultura e dos medios de comunicación no conxunto global do audiovisual.
Nas vindeiras citas, as Xornadas estarán dedicadas ó papel das institucións e dos profesionais no entorno audiovisual galego.

PUBLICIDADE