A AESIA instalarase na Coruña en febreiro

martes, 28 de xaneiro do 2025 Marcus Fernández

Esta mañá a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, informou de que a sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA) establecerase na cidade herculina no mes de febreiro, contando de xeito provisorio coa Casa Veeduría como sede, a espera de que conclúan as obras de acondicionamento do edificio da Terraza.
A ocupación da Casa Veeduría realizarase tras o remate das obras que están a realizarse na mesma, estando previsto que ese espazo conte tamén con funcións de centro cívico, centro de día, sala de estudos e exposicións.
A AESIA xa traballa de xeito remoto dende Madrid, e está previsto que no verán comece a ter capacidade sancionadora, así como tamén aseguran que ates de rematar o ano elevará o seu cadro de persoal até os 80 traballadores.

A Casa Veeduría será a sede provisoria da AESIA