A AGCN aposta polo software libre
mércores, 23 de xaneiro do 2008
A Asociación Galega de Centros de Negocio, composta
por 10 centros repartidos por toda Galicia, sae á Internet cunha plataforma de
servizos web (portal corporativo,
xestor de publicidade, reserva de salas, xestor documental...) baseado en
tecnoloxías libres.
O novo espazo web emprega a plataforma LAMP con ferramentas coma Joomla,
OpenAds, phpscheduleit ou Docman, todas elas baixo licenza GPL.