A AUI reivindica que o canon dixital o recade unha entidade pública

martes, 30 de outubro do 2007

A Asociación de Usuarios de Internet reivindicou ante o Consello Asesor das Telecomunicacións e da Sociedade da Información unha serie de reclamacións sobre o canon dixital como o feito de que as Administracións Públicas e empresas deben estar exentas deste pagamento (como defende a Unión Europea) e que a recadación e fiscalización deste concepto debería correr a carga dunha entidade de dereito público que non estea adscrita ós sectores enfrontados.
O presidente da AUI, Miguel Pérez Subías, tamén denunciou a falta de transparencia do proceso de negociación do canon dixital.

PUBLICIDADE