Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Asociación Alingua estréase cunha innovadora campaña nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Asociación Alingua estréase cunha innovadora campaña nas redes sociais

S. P.
Publicado: 21/03/2022
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

alingua_illa_bufarda_auditorio_de_galicia_21.03.22_003.jpgAlingua, a Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega, é xa unha realidade. Tras dela, dándolle impulso e forza, atópanse dezoite concellos da nosa terra. O seu obxectivo, a través desta nova cooperativa intermunicipal, é “fomentar proxectos conxuntos de dinamización lingüística”. A entidade é froito das necesidades do tempo que nos tocou vivir, un tempo no que o galego perde terreo en múltiples ámbitos, sobre todo os relacionados coas novas xeracións. Emporiso, o traballo conxunto dos concellos porá o foco nos puntos de encontro dixitais, cada vez máis empregados pola totalidade das mozas e mozos da nosa terra. De aí que a estrea oficial da iniciativa sexa unha campaña (Alingua aí!) que conta con algúns dos principais referentes dixitais da nova comunicación galega.
Adolfo Muíños, alcalde de Rianxo e presidente de Alingua encargouse de conducir en Santiago a presentación da asociación celebrada no Auditorio de Galicia, este luns 21 de marzo. Muíños aproveitou a súa intervención para destacar o “orgullo de termos unha lingua universal” que nos achega “identidade nun mundo globalizado”. Segundo dixo o rexedor rianxeiro, do nome da asociación xorde alinguar, “verbo transitivo que significa usar a lingua propia para expresar pensamentos e accións ao tempo que se manifesta unha vontade expresa de autodefinición e afirmación nela e na cultura que vehicula”. Trátase, en palabras do propio Muíños, dun “neoloxismo case metalingüístico ao fusionar cuestións identitarias e idiomáticas”.
alingua_illa_bufarda_auditorio_de_galicia_21.03.22_001.jpg O devandito vocábulo, suposto “neoloxismo de moda”, está a centrar unha campaña a medio camiño entre a ficción e o falso documental a través das redes sociais, protagonizada polas intérpretes Gloria Rico e Tania Yáñez. A campaña conta con colaboracións como a das actrices Mela Casal, Melania Cruz e Ailén Kendelman (que como compositora asina a sintonía da asociación), a cantante MounQup, os xornalistas Gonzo, David Espiño e Patricia Santana, as creadoras dixitais Olaxonmario, Todomalva e Surfeando Libros, o artista Sergio Marey, o escritor Isamel Ramos e a artesá Elena Ferro. Tamén participan a psiquiatra Iria Veiga, o intérprete Xosé A. Touriñán, a bailarina Ánxela Blanco, o rapeiro O Rabelo, a influencer Paula Jorge, a maga Sara Rodríguez e o músico Caxade. Todas estas personalidades da sociedade participan nas pezas audiovisuais da campaña, que procuran subliñar o orgullo de contar cunha lingua propia e espallan mensaxes clave como son “E ti que alinguas?”, “O teu algoritmo fala galego?” ou “A lingua sitúanos no mundo”.
alingua_illa_bufarda_auditorio_de_galicia_21.03.22_005.jpg Dezaoito concellos
Os municipios que constitúen Alingua son A Baña, Ames, A Coruña, Betanzos, Cedeira, Ferrol, Moaña, Narón, O Grove, Ponteceso, Pontevedra, Redondela, Ribadeo, Rianxo, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vilagarcía de Arousa. As institucións locais integrantes xa veñen colaborando en proxectos como Apego, Youtubeiras, Club de Debate ou Enreguéifate, iniciativas colaborativas de dinamización lingüística.
Alingua aí!
A primeira iniciativa que organiza Alingua é, precisamente, a campaña de presentación que se está a desenvolver para dar a coñecer a asociación e os seus fins. Baixo o lema Alingua aí, xógase coa propia marca da entidade para comunicar a fachenda colectiva por traballar en prol da normalización do idioma. Inclúe tamén sorteos para acudir a restaurantes pertencentes ao prestixioso Grupo Nove (Culler de Pau, Eirado da Leña, Pepe Vieira e O Balado), difusión nos medios de comunicación tradicional ou contidos audiovisuais adaptados ás novas narrativas das redes sociais.
alingua_illa_bufarda_auditorio_de_galicia_21.03.22_004.jpgÁ presentación de Alingua asistiron representantes municipais de diferentes concellos. Acudiron Rubén Prol e Escarlata Pampín, concelleiros de Santiago e Ames (respectivamente), o alcalde da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro García; a alcaldesa de Moeche, Beatriz Bascoy, e o tenente de alcalde de Rois, Manuel dos Santos Rodríguez. Tamén estiveron presentes a concelleira de Educación de Narón, Mercedes Taibo; a concelleira de Normalización Lingüística da Baña, Lorena Trillo; a concelleira de Cultura de Ribadeo, Pilar Otero; a concelleira de Cultura de Vilagarcía, Sonia Outón; a concelleira de Lingua de Teo, María López Álvarez; o concelleiro de Urbanismo de Moaña, Odilo Barreiro, e a concelleira de Cultura de Ames, Natividad González Rodríguez.
Os grupos parlamentarios tamén acudiron ao acto. O grupo do Partido Popular estivo representado por Ovidio Rodeiro; por parte do BNG asistiron Mercedes Queixas e Daniel Castro, e polo grupo do PSdeG estivo Noa Díaz. A subsecretaria de Política Lingüística, María Lourdes Batán, representou no acto a Xunta de Galicia. Por parte dos grupos municipais do Concello de Santiago, acudiron Javier Fernández, do PSdeG; Marta Lois, de Compostela Aberta, e Goretti Sanmartín, do BNG.
Entre a asistencia, tamén destacou a presenza do presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceiras; da presidenta da Coordinadora de Traballadores/as pola Normalización Lingüística, Anxos Sobriño; o presidente da Asociación Galega de Profesionais da Tradución e Interpretación, Gabriel Álvarez; María Dolores Candelo, de Nova Escola Galega; e o director do Instituto da Lingua Galega (ILG), Xosé Lois Regueira.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?