A Asociación PuntoGal participará na vindeira xuntanza de ICANN
luns, 22 de outubro do 2007
O
encontro internacional de ICANN que se celebrará entre o 29 de outubro e o 2 de
novembro en Los Ángeles contará coa
participación dunha delegación da Asociación PuntoGal, que manterá
distintos encontros e entregarán información ós asistentes sobre a proposta dun
dominio para a cultura e lingua galega na Rede.
Aproveitando a ocasión tamén se xuntarán con membros dos centros galegos dos
Estados Unidos para presentarlles persoalmente a iniciativa do PuntoGal.
