A Asociación de Internautas reclama a inconstitucionalidade da LISI

xoves, 14 de febreiro do 2008

A Asociación de Internautas presentou ante o Defensor do Pobo unha solicitude de declaración de inconstitucionalidade da Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información (LISI) por deixar aberta a posibilidade da censura de contidos na Internet sen a preceptiva intervención xudicial.
A LISI inclúe na súa redacción a posibilidade de que Administracións Públicas e entidades privadas poidan retirar contidos ou pechar páxinas web, de aí que a AI xa alcume ó texto como a Lei de Censura para Internet.

PUBLICIDADE