A CEF organiza un curso de Outlook para traballadores
martes, 23 de setembro do 2008
A Conderación de Empresarios de Ferrol está a organizar un curso de balde de Outlook para empregados. A acitividade, que está cofinanciada pola Dirección Xeral de Formación e Colación da ConsellerÃa de Traballo e a UE, vai encamiñado a achegarlles aos traballadores recursos para facilitar as comunicacións no eido empresarial, sendo o correo electrónico un xeito rápido e económico de levalas a cabo. O curso, que ten unha duración de 80 horas, será impartido dende o 29 de setembro até o 11 de novembro, en horario de 19.30 a 22.30 horas, de luns a xoves. As prazas cubriranse por orde de inscrición. Para máis información, cómpre contactar por correo electrónico.