A CEP acolle unha xornada sobre a Factura Electrónica
xoves, 7 de febreiro do 2008
O vindeiro día 14 de febreiro, de 9:00 a 14:00
horas celebrarase unha xornada
sobre Facturación Electrónica convocada e impartida por expertos de
ASIMELEC na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (na Avenida García
Barbón 104 en Vigo).
A xornada tratará a normativa da factura electrónica en España, as novas
importantes da nova normativa de facturación e outros detalles sobre a
implantación da factura e sinatura electrónicas, podendo asistir de xeito gratuíto
os que se inscriban a través da
web de ASIMELEC.